e o apartase, enredaba un anaco no medio dos seus pés e logo apartaballe pra que non o pisase. Cando a cativa remataba erguíao no colo e acaiñábao un anaquiño mentras as jumarreiras e as do noco rebulían darredor dos grans de millo que ela lles traía no peto. Nunha mañá de inverno a cativa non puido traerlles millo, pois non se lembrara de debullalo, no canto diso colleu mouga de broa. Botóulle-la no chan e as jumarreiras escomenzaron a rebulir esparexendo frangullas por todo o cubil. Un fuciño e gris apareceu por antre dous niños e unhas gadoupas pequerrechas deron boa conta dunha desas frangullas. A rapaza ergueu unha das caixas e viu unha xalricana que se agochaba nun buraquiño da parede. Saiu do galiñeiro e deu a volta correndiño pra ver se o buraco chegaba ó lado de fóra ... pero non tivo sorte, ¿a onde chegaría xa a xalricana?quinta-feira, 18 de dezembro de 2008
Marafullas
e o apartase, enredaba un anaco no medio dos seus pés e logo apartaballe pra que non o pisase. Cando a cativa remataba erguíao no colo e acaiñábao un anaquiño mentras as jumarreiras e as do noco rebulían darredor dos grans de millo que ela lles traía no peto. Nunha mañá de inverno a cativa non puido traerlles millo, pois non se lembrara de debullalo, no canto diso colleu mouga de broa. Botóulle-la no chan e as jumarreiras escomenzaron a rebulir esparexendo frangullas por todo o cubil. Un fuciño e gris apareceu por antre dous niños e unhas gadoupas pequerrechas deron boa conta dunha desas frangullas. A rapaza ergueu unha das caixas e viu unha xalricana que se agochaba nun buraquiño da parede. Saiu do galiñeiro e deu a volta correndiño pra ver se o buraco chegaba ó lado de fóra ... pero non tivo sorte, ¿a onde chegaría xa a xalricana?segunda-feira, 15 de dezembro de 2008
quinta-feira, 11 de dezembro de 2008
Trinta días con trinta noites
sabemos ditos e non por iso nos poñemos con eles sen máis.segunda-feira, 1 de dezembro de 2008
Neve
sexta-feira, 28 de novembro de 2008
Digital image
sexta-feira, 21 de novembro de 2008
Os pitiños
-Eu quero, eu quero, papaie dame un, deixame un, eu quero. -a cativa pregaba por un dos pitiños marelos que rebulían na caixa ó calor da cociña.quinta-feira, 20 de novembro de 2008
Camiño Sur IV

Logo de remata-la sobremesa o marqués retirouse a descansar. Nese intre don Fiz ofreceulle a Mariana o seu brazo pra aprobeita-lo sol da tarde e pasear polos xardíns.
-¿cal é o voso recuncho máis querido do xardín dona Mariana? -Non sabería contestar, dende cativa estiven sentada nos arcos do pazo vendo florecer o xardin, enredei no labirinto e cada día vou paseando ata o pinal do fondo pra sentar a ler un anaco. Todo el me gusta ¿a qué ven esa curiosidade don Fiz? -E que a vosa faciana fai que as mellores rosas do xardin perdan dozura e beleza se as comparamos.
quarta-feira, 12 de novembro de 2008
Once noites despois

quinta-feira, 6 de novembro de 2008
Mendinho e Treixadura
Mariñeiro de auga doce
Unha noite me levaron
Agora que vén o vran
Ai lalara lalá,
O cura de San Simón
Agora que ven o vran...
sexta-feira, 31 de outubro de 2008
Vinteoito solpores máis
Aquel venres os cativos rebulían por todos lados mentras súa nai baleiraba un dos cabazos que viñeran da veiga da eira.terça-feira, 28 de outubro de 2008
terça-feira, 21 de outubro de 2008
Hai xa vintetrés anos

quarta-feira, 1 de outubro de 2008
Núa
terça-feira, 30 de setembro de 2008
Pasou un mes

sexta-feira, 26 de setembro de 2008
Descubrín ...
-E se puidesemos cunha man gobernar tres ou catro xogadores, a ver a ver, e se lle meto unha vara polo cú teñoos ensortellados e podo levar eu a metade do equipo e outro levar o resto, aplícolles forza nalgunha canle que a menciña china aínda non descubriu e de paso entretéñome eu e os tres compadres que xogamo-la partida. Así o fixo, e o unico que buscaba este galego era o benestar por medio do ocio; o del, porque os bonequiños do xogo ... O caso é que por moi bo fluxo de enerxía que teñamo-los galegos sempre hai excepcións porque como me dí a miña nai -Ti a min estrésasme, non calas nin que te furen. -¡¡¡Pero se eu xa son unha canle de benestar!!! Non preciso que me furen coma bonequiño de fubolín.Seis lúas son cincuentecatro días.
A caldeireta virouse anoxada coa sorna da resposta.
-Máis direivos que o que estes libros conteñen non é nada do outro mundo, pois non hai entre eles máis ca enciclopedias da escola dos rapaces e tratados sobre enxertos. -aclarou o baúl.
-Pois semella que te-lo bandullo cheo de historias e contos.
-De certo sí gardo un caderno interesante señor cribo, pois nel cóntase toda a historia do concello máis está escrito no latín dos arxinas e moi poucos saben lelo.
-Coñezo ese caderno -falou o tamboril- era o que o meu dono levaba consigo a todo-los lugares e cando ía coas vacas ó monte, escribía nel os contos e andanzas de tódo-los veciños.
De socato un foguete estourou no ar e un calafrío percorreu ós habitantes da lareira, os máis deles non por medo, senón porque non o agardaban. Foi o baúl o que se deu conta do que pasaba:-O avó estaba buscando o rosario pra que a avoa fose á novena con el. Remata o mes de agosto e é o tempo do San Ramón da Anllada.

-A istoria desa capela está escrita no caderno. Eu óinlla unha tarde ó avó mentras lle-la contaba os rapaces da casa do doutor que lle preguntaron porqué o seu hórreo era o máis grande da aldea.
-¿E iso? -con estas verbas voltaba do seu mutismo a do leite porque lle picaba a curiosidade.
Escomenzou o tamboril dicindo -Durante séculos esta freguesía foi a que máis curas deu á diócese de Santiago. Asi é que polos arredores case tódo-los curas son dacó. Antes os labregos non tiñan con qué pagarlle-las misas ós curas e o que facían era levarlle patacas, millo e feixes de trigo. E pra ter onde gardar todo iso mandaron construir grandes horreos. A casa do doutor pertencera a un seu tio, o cura de Coto e por iso é tan grande o hórreo. Outro día direivos de onde nace a auga desa casa.
-Vaia latriqueiro estás feito -ría o ferro da roupa.
-Como vos dicía moitos eran os curas nados nesta parroquia, habíaos de tóda-las ideoloxías e incluso algúns as defendían con tanto fervor que se enfrontaban ós veciños pra que se cumprise a súa vontade. Na maioría das aldeas os curas eran coma caciques, o que eles dicían ia á misa, pero non era así no san André de Vea, onde as ideas políticas enfrentaron a don Ramón cos veciños, e estes foron a Santiago pedindo que lles mudasen de párroco que senón tomarían eles a xustiza pola súa man. E así foi, como a diócese non deu resposta os veciños botaron o cura da parroquia e este trouxo consigo a capela que aló mandara erguer ó san Ramón nonnato e máis o seu cruceiro, e son os que están no campo onde hoxe hai romaría.
quinta-feira, 25 de setembro de 2008
Pasou o día, pasou a romaría
En tempos de pouco traballo o Patelas ía tamén ó xornal; a bota-lo millo, á sega, a por nas patacas e ata a quitar esterco. Estando dunha volta nunha casa de Castrolandín atoparon no fondo dunha corte un mastro con ferreñas e un pau ranurado que rozaba nun aramio e as facía soar. Os mozos non sabían que era aquilo máis o avó dun deles que tiña cento un anos díxolles que se chamaba Charrasco. No seu talleriño amañouno. Engadiulle máis e mellores ferreñas, mudou os aramios por cabres de aceiro, púxolle un taco de goma no pé pra que fixese menos balbordo ó peta-lo no chan e tamen un mastro desmontable pra que fose mellor de levar, e poñendolle unha peza ou outra podía toca-lo un cativo ou un maior. Correu a voz e os dun grupo de Santiago que o coñecían pedíronlle un, eles levárono por todo o país e como o Patelas era o único artesán que os facía colleu sona en toda Galicia. Co tempo foi buscando a comodidade, chegando incluso a facelos con cabres que se tensaban e afrouxaban pra non torce-la madeira e ata os facía cos aros dos cribos e cribas de diferentes tamaños. Asi é que ti, seguramente, estiveches a piques de seren un Charrasco e por encarga dun cribo remataches acó.Camiño Sur III

quarta-feira, 17 de setembro de 2008
Rosiñas
terça-feira, 16 de setembro de 2008
Lágrima, Dulce Pontes

quinta-feira, 28 de agosto de 2008
Logo de catro días
mirou darredor e aniñouse tras do arró dunha toxeira. O cativo rezaba pra que non o descubrisen e termaba de min contra o peito, coma se eu o puidese librar da ferida dun disparo. Ó pouco sentiu como un tiro lle fungaba porriba da cabeza, tirouse ó chan confiado en que o lusco-fusco lle axudase. A min agochoume no arró e tapoume con fentos e el coma se unha serpe fose foi polo chan ata o medio duns toxos. Sentía cada vez máis preto o rebumbio dos tiros, un pasoulle preto, atravesou un toxo cachudo e tirouno ó chan caéndolle enriba. Non podía moverse, se o collían levaríano pra cárcere ata que lle chegase a hora de pasealo; pola congostra baixaban os inimigos e levaban ó meu dono preso. Ó pouco tempo xa non se oía nada, nin tiros, nin o falar de ninguén, nin sequera os saloucos dalgún ferido; máis o rapaz non puido co cansazo e venceuno un sono livián e con calquera son do monte espertaba medoñento, agardando que non o achasen pra poder sobrevivir. Alí ficou tres días ata que tivo o valor de sair do agocho. A choiva, o frío, o cansazo e a fame fixeron que parecese un defunto e aínda así tivo forzas pra chegar ata a aldea na que os seus agarbadan a que eles voltasen dicindolles que tiñan o camiño libre pra seguir adiante. O cativo bateu na porta da primeira casa, ó velo co tamboril na man, recoñecérono e xa tiveron que termar del pois as forzas abandoárono e caeu ó chan. Enfermara por mor da molladura, tosía e case non respiraba, días despois metérono nun tren que viaxaba de noite e mandárono de volta pra casa, e con el vin eu. Agora xa sabedes porqué me estremezo cos foguetes e porqué estou tan calado. sexta-feira, 22 de agosto de 2008
Dieste
Moito tempo tivera en segredo aquel desexo. Un día coa mimosa curtidade dun neno que pide unha lambetada posta, como nun altar, nos máis altos andeis do armario, o avó tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. El non quería morrer sen velo tren. A filla e o xenro riron boamente daquela tolería. O pobre vello, non tiña volta, estaba xa un pouquiño lelo. ¡Pasaba a vía tan lonxe!E ademais ¿que demos lle importaba ós seus anos ve-lo tren? En troques o neto púxose da parte do avó. E petou testudo cos zoquiños no chan. ¡Eu quero ve-lo tren! Catro reflexións ó vello e catro azoutas ó pícaro e todo quedou en nada pola primeira vez. Pero repetiuse a escena, soubo o cura do conto e, con aquela sorrinte calma do abade experimentado que comprende e transixe, volveu polo avó e o neto. ¡Que diaño! O vello estaba rufo, curado polo sol e o arume dos piñeiros, e non había de rendelo moito a viaxe.
Así foi que puxeron no carro un feixe de palla para asento do vello, e meteron nun tarabelo unha forte merenda. E moi de matinada puxéronse en camiño, ata chegaren ó ignorado e esquecido apeadeiro, onde agardan inquedos o milagre.
Como un estraño rebuldar de gatos —así lle pareceu ó neno— correu ó lonxe, por riba dun piñeiral, unha fumareda, e un primeiro asubío foise espetar no ceo. E outro, imperioso e longo, axiña denunciou, o tremer da terra, a veciñanza do Non Visto. ¡Alí viña xa o tren, unha riola de monstros ben mandados, co altivo capitán de ferro á fronte! ¡Medraba, medraba!
Salaios de condenados, sichos brancos, topadas, trasacordos, e deseguida todo ficou en grande silencio diante dos ollos abraiados dun labrego vello e dun neno que aquel día estreara uns zoquiños novos. Foi só un pequeno intre de repouso. Non baixou ningún viaxeiro. Case ningún abicou. Subiron moi apresa nun coche de terceira dúas mulleres atrancadas de cestos, máis torpes canto máis espavorecidas polo apremo. O tren parecía sufri-la impertinencia das moitas cortesías cando se está apurado.
E fuxiu de novo, cheo de indiferencia como para non se lembrar máis do pobre apeadeiro podrecido. O neto fala moito. ¡Como corría o tren! ¡E non levaba cabalos! E había un neno coma el que abicara pola fiestriña. Un neno ben vestido, de cara fina, que tiña nos ollos esa expresión dos ricos nenos das cidades, que andan en tren e viven en casas moi altas. Aquel neno non se asombraba de ir en tren. ¡Que secreta finura había naquela indiferencia! E tamén ía unha señorita cunha teíña liviá como as que fan as arañas, cubrindo a face... Unha teíña morada.
O vello fala pouco. Vai satisfeito pero un tanto tristeiro. Naquel mundo que lostregara un intre diante del, abesullaba moitas cousas endexamais presentidas alá nas altas toxeiras. Había máis mundos que o seu. Mundos embruxados, ledos e tentadores. Mais el, xa, malpocado...
De súpeto o rapaciño dixo:
—Eu, cando medre, tamén hei de andar en tren.
As engurras do vello teceron unha sombría tristura. O rexo carro de bois volvía rinchando, xemendo e dando tombos para a aldea de nome bravo e silvestre perdida entre calados cumios.
quinta-feira, 21 de agosto de 2008
1936
Guindaran con el no fondo dun andel, aló estaba, nese cuarto onde ía parar todo o que xa non se usaba, coma el que tanto e tanto loitara pola república e que agora remataba os seus días roido pola humidade, a feruxe e o pó.quinta-feira, 7 de agosto de 2008
Celso Emilio Ferreiro
Onde vas vida miña? Van as bágoas polo río





