¿Isto que será?, ¿unha rá calquera nunha fonte calquera dunha aldea calquera? ¿ou quizais sexa un principiño azul? Non creo, porque unha cousa sí teño clara: azuis os pitufos e como non existen ... non creo que sexa principiño ningún. Máis ca nada porque tampouco vin a gargamel de faroleiro nin nada polo estilo. O caso é que eu xa teño o meu músico do grelo e non me fai falla buscar principiños nin en rás, nin en sapos nin en outro batracio calquera ... que pra bicar un anaco de pel "enjruñada" e áspera mesmo lle pego unha lambetada a calquera farrapo de gaita; é un dicir. Non é que lle teña tirria ós sapos e ás rás, pero unha cousa sí que hai que recoñecer: noxo dan un pouquiño. Lembro que de pequenos nos asustabamos dos sapos que aparecían no invernadoiro da horta ou á fin das bardas da leña dentro do cuberto; daquela aló ían meus tíos, puñan o sapo enriba dun tablón apoiado nun rolo de "alcolito" (vocablo do lugar) e lle metían un "petillo" na boca e ala a fumar, e cando o sapo estaba hinchado dabanlle un golpe na outra punta do tablón e o sapo; que ata aquel entón sempre vivira na terra, comezaba a súa aventura como piloto. Trapalladas que nos facían rir un anaco. De certo son uns animáis ben desagradables, gordos coma cepos, graxentos, cheos de espullas e cunha cor de pel que parece que non se lavaron na vida (e iso que son anfibios e poden vivir na auga). Qué casualidade; describindoos así parécense a algunhas sogras e non me digades que non. Unha desas ás que os enchufes dos mosquitos lles "vriban" ó lado da orella e claro como lles "fan medo" e non as deixan durmir do leñazo que lle meten ó "chintófano" guindan con el na "alzombra", destas ás que tal como berran, non lles fai falla o "taléfano" pra chamar á boca ladra da cuñada e dicir aquelo de: ¿con quen falo? ou ¿quen é?, coño se es tí a que chama saberás a quen ¿non?; e total pra que lle dean o "númaro" do do "trator" e lle traian unha pouca leña de "alcolitro", "alcualito", "eucualitro", etc, e digo eu ¿¿¿porqué non usan directamente a palabra carballo que iso sí o saben dicir??? claro esa leña vale máis "ouros". Sempre gustan de ter polos na casa e anque lles espeten por cada polo o que vale unha poñedora pagan igual, ¿total pra qué? se en canto o gato "sianés" lle entre no galiñeiro llos vai matar todos. O certo é que estas vellas son igual de noxentas có farrapo de gaita do sapo, ou da rá ou do que sexa o que está na foto.Proximante máis sobre a flora e fauna dalgúns lugares deste noso pais, aínda con todo " O MELLOR PAIS DO MUNDO"
Nenhum comentário:
Postar um comentário