sexta-feira, 26 de setembro de 2008

Descubrín ...

... hai uns días que o meu apelido é o nome que lle dá a menciña china a unha canle que comeza no dedo anular da nosa man dereita e se estende polo interior do brazo ata a cabeza pasando porriba da orella homónima. Mira ti por onde resulta que agora son un vieiro de enerxia que circula por dentro de todos nós, e activandoa, conseguimos un estado de benestar e relaxación. Pois non che tiña nin idea, pero como boa galega que son, tendo a buscar ese benestar por medio do ocio, coma por exemplo o inventor do fubolín, que resulta que foi un galego que quixo un dia de inverno ir botar un partidiño e non puido porque caían chuzos de punta, e díxose el -E se puidesemos cunha man gobernar tres ou catro xogadores, a ver a ver, e se lle meto unha vara polo cú teñoos ensortellados e podo levar eu a metade do equipo e outro levar o resto, aplícolles forza nalgunha canle que a menciña china aínda non descubriu e de paso entretéñome eu e os tres compadres que xogamo-la partida. Así o fixo, e o unico que buscaba este galego era o benestar por medio do ocio; o del, porque os bonequiños do xogo ... O caso é que por moi bo fluxo de enerxía que teñamo-los galegos sempre hai excepcións porque como me dí a miña nai -Ti a min estrésasme, non calas nin que te furen. -¡¡¡Pero se eu xa son unha canle de benestar!!! Non preciso que me furen coma bonequiño de fubolín.
E eu crendo que san Xiao era un santiño de Antioquía cuia perseverancia na fé o levou a martir sendo o irmán superior dunha congregación que el mesmo creou; o que sí coincide é que na canle tamén hai un Jiao superior, un medio e máis un inferior.

Nenhum comentário: