¡¡¡Qué tranquilidade!!!, un refrán galego dí que pasou o día, pasou a romaría e inda menos mal. A casa está no alto da aldea e a lareira, onde está o tamboril, ten unha fiestra á eira e outra á horta. Dende o seu estante a caldeireta via pola fiestra da horta e polo medio das ponlas da oliveira que as bombas daquela mañá eran as do corpus. Por sorte só foi un día de festa e o tamboril volveu sumirse na tranquilidade do cuarto, anque non tiña moi claro canto ía durar.
-A de onte foi unha boa festa. Dicía o ferro da roupa.
-E iso que ti non a viches como a vin eu, toda a xente engalanada e logo os gaiteiros a tocar. Mira que eran bos eses músicos ¿De onde virían? Moito me gustaría ir con eles e ve-las aldeas, os pobos, os carreiros polos que dan a alborada -soñaba a caldeireta.
-Eran do Baño -e o tamboril volveu calar.
-Vaites (díxolle a caldeireta) e tí como sabes iso se dende aquí a pouco non os vexo nin eu, e ti estás na outra punta do andel.
-Pois porque recoñecín o xeito do Patelas.
-Patelas ... Patelas ... pois non caio-replicou a caldeireta-¿e tí de que o coñeces?.
-Conta conta -acirroulle o ferro da roupa.
-Pouco hai que contar, ia o meu dono de camiño ó Baño e pasando Vilar atopou o gaiteiro, que lle preguntou de onde viñera eu e se quería ir de foliada con el, pois o tamborileiro del estaba con tuberculose e non saia da casa, así o coñecín.
-Hoxe non tes gana de falar, por iso no-lo contas así sen ánimo ningun- botoulle en cara a caldeireta.
-Eu sí o coñezo- a voz saia dun cribo que estaba pendurado dunha punta de ferro na parede da porta.
-Mira tí por onde temos aquí un persoeiro coma o tamboril e nos sen sabelo.
Escomenzou o cribo a falar -Non fungues dese xeito muller -repricoulle á caldeireta- , o Patelas é un gaiteiro do Baño que dende moi cativo comezou a xogar no taller do seu avó, que era carpinteiro; e como lle gustaba a musica deu en facer instrumentos. Con madeira de buxo facía gaitas, anque tiña que estar de cote afinando nelas, pois cada ano o punteiro retorcía pra seu sitio e soaban diferente. Así foi como pouco a pouco foi ensinando ós cativos a toca-la gaita e ata pandeiros e pandeiretas que el mesmo facía. Apesares disto nunca deixou de lado o oficio e seguiu fabricando culleres, peneiras e ata cribos. Ahí nacín eu.
O cribo fitou ó tamboril-¿E iso?
-O que rematas de contar agora é certo. Coma bo neto de carpinteiro adicouse a iso por herdanza do seu avó. Sendo un mozo cumprido escomezou a ir ás romerías, ás fiadas e ata ás mallas pra ir ás mozas. Aló foi onde coñeceu ós compadres que tocan hoxe con el.
En tempos de pouco traballo o Patelas ía tamén ó xornal; a bota-lo millo, á sega, a por nas patacas e ata a quitar esterco. Estando dunha volta nunha casa de Castrolandín atoparon no fondo dunha corte un mastro con ferreñas e un pau ranurado que rozaba nun aramio e as facía soar. Os mozos non sabían que era aquilo máis o avó dun deles que tiña cento un anos díxolles que se chamaba Charrasco. No seu talleriño amañouno. Engadiulle máis e mellores ferreñas, mudou os aramios por cabres de aceiro, púxolle un taco de goma no pé pra que fixese menos balbordo ó peta-lo no chan e tamen un mastro desmontable pra que fose mellor de levar, e poñendolle unha peza ou outra podía toca-lo un cativo ou un maior. Correu a voz e os dun grupo de Santiago que o coñecían pedíronlle un, eles levárono por todo o país e como o Patelas era o único artesán que os facía colleu sona en toda Galicia. Co tempo foi buscando a comodidade, chegando incluso a facelos con cabres que se tensaban e afrouxaban pra non torce-la madeira e ata os facía cos aros dos cribos e cribas de diferentes tamaños. Asi é que ti, seguramente, estiveches a piques de seren un Charrasco e por encarga dun cribo remataches acó.
En tempos de pouco traballo o Patelas ía tamén ó xornal; a bota-lo millo, á sega, a por nas patacas e ata a quitar esterco. Estando dunha volta nunha casa de Castrolandín atoparon no fondo dunha corte un mastro con ferreñas e un pau ranurado que rozaba nun aramio e as facía soar. Os mozos non sabían que era aquilo máis o avó dun deles que tiña cento un anos díxolles que se chamaba Charrasco. No seu talleriño amañouno. Engadiulle máis e mellores ferreñas, mudou os aramios por cabres de aceiro, púxolle un taco de goma no pé pra que fixese menos balbordo ó peta-lo no chan e tamen un mastro desmontable pra que fose mellor de levar, e poñendolle unha peza ou outra podía toca-lo un cativo ou un maior. Correu a voz e os dun grupo de Santiago que o coñecían pedíronlle un, eles levárono por todo o país e como o Patelas era o único artesán que os facía colleu sona en toda Galicia. Co tempo foi buscando a comodidade, chegando incluso a facelos con cabres que se tensaban e afrouxaban pra non torce-la madeira e ata os facía cos aros dos cribos e cribas de diferentes tamaños. Asi é que ti, seguramente, estiveches a piques de seren un Charrasco e por encarga dun cribo remataches acó.-Pois é algo que non che sei -asinteu o cribo- Máis que fun feito por encargo si o sei,pois a casa do Pazo é onde toda a parroquia viña coce-lo pan, acó sempre había fariña na artesa ata que unha noite de inverno fixo falla un cribo, pois ó vello furaraselle a malla. Foron entón onda o Patelas que era o mellor ebanista do monecipio e voltaron comigo prá casa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário