quinta-feira, 6 de novembro de 2008

Mendinho e Treixadura

Sedia-m'eu na ermida de San Simón,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son,
Eu atendend'o meu amigo!
Eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar,
Eu atendend'o meu amigo!
Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei i barqueiro nen remador.
Eu atendend'o meu amigo!
Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar;
non ei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo!
Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei, fremosa, no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo!
Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei, fremosa, no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo!
Eu atendend'o meu amigo!
Mendinho séc XIII

Fun tocar a San Simón,
fun tocar nunha lanchiña,
non me deixaron pisar'e
a herba daquela illa.
Mariñeiro de auga doce
e tamén d'auga salgada,
lévame a San Simón
e de San Simón á Habana.
Unha noite me levaron
a San Simón cunha nena
meu corazón veu chorando
por ser a noite pequena.
Agora que vén o vran
tamén vén a primavera,
tamén vén a regalía
pr'os gadañeiros da herba.
Ai lalara lalá,
ai laralá lalá,
Ai lara lara lalá
Ai lalara, lalara, la lá...
O cura de San Simón
non ten camisa lavada,
o señor cura de Arca
vintecinco na colada
Agora que ven o vran...
Treixadura "Unha semaniña enteira" 2006 (Tradicional)

Nenhum comentário: