quinta-feira, 18 de dezembro de 2008

Marafullas

Había unha vez un galiñeiro nunha casoupa da montaña onde as jumarreiras durmían cun marafullas e dúas jumarreiras do noco. O dono das jumarreiras era un zoina moi moi vello e afeccionado ó morapio, tanto que nin tan sequera baixaba a dar misa á capela cando se fartaba de chumar. Mentras tanto os animáis levaban unha vida tranquila porque sempre tiñan a porta aberta e podían entrar e sair cando lles petase. De darlles de comer encargábase a filla dun carilla do zoina, unha morrona loiriña e que sempre lles traía os animáis auga, picón e verdura pra que non finasen coa larica. A cativa chegaba cada amencer e pasaba un bó anaco aquelándolle-los niños á jumarreiras, apañando os ovos e limpándolles o galiñeiro. O marafullas era moi moi amigo da morrona e sempre que ela se achegaba, el rubía ós caixóns das poñedoras pra que ela o collese con agarimo e o apartase, enredaba un anaco no medio dos seus pés e logo apartaballe pra que non o pisase. Cando a cativa remataba erguíao no colo e acaiñábao un anaquiño mentras as jumarreiras e as do noco rebulían darredor dos grans de millo que ela lles traía no peto. Nunha mañá de inverno a cativa non puido traerlles millo, pois non se lembrara de debullalo, no canto diso colleu mouga de broa. Botóulle-la no chan e as jumarreiras escomenzaron a rebulir esparexendo frangullas por todo o cubil. Un fuciño e gris apareceu por antre dous niños e unhas gadoupas pequerrechas deron boa conta dunha desas frangullas. A rapaza ergueu unha das caixas e viu unha xalricana que se agochaba nun buraquiño da parede. Saiu do galiñeiro e deu a volta correndiño pra ver se o buraco chegaba ó lado de fóra ... pero non tivo sorte, ¿a onde chegaría xa a xalricana?

Nenhum comentário: