Iso digo eu, ¡Malo será!Veña ho, que non a ser morte de home, que non hai mal que por ben non veña, e nunca choveu que non escampase. Xa sei que máis vale paxaro en man ca cento voando, pero como a avaricia rompe o saco e se a envexa fora tiña moitos tiñosos había, non podo deixar pra mañá o que poida facer hoxe. Ben certo é que a quen madruga deus o axuda, pero como máis sabe o demo por vello ca por demo . . . o gato escaldado ata á auga fría lle ten medo, e non querendo bota-lo carro diante dos bois non penso dar puntada sen fío.
A pena é o "ahí te-lo que vales e mai-lo moito que che quero", pero que non pense o ladrón que todos son da súa condición porque anque non creo en deus, algo hai aló enrriba e teño seguro que sexa o que sexa apreta pero non afoga, e non podo facer dunha area un monte; un só gran non fai palleiro pero axuda ó compañeiro.
Auga parada non move muiño e anque moito e ben non o fai ninguén . . .
Pica canteiriño pica, pica na pedra miúda, pica na muller allea que alguén picará na túa.
DIXEN
