domingo, 26 de maio de 2013

Mamasuncion


-Hay corenta anos que vai ó correo e inda lle non veu a primeira carta, e vai tódo-los días.


-¿Einda non leche-la carta? ... Trai que cha leo eu.
"Querida Madre, aquí en Méjico vai moito calore anque ás veces chove, non lle escribin antes porque non tiven quen a fixera, eille volver a escribire anque non sei cando. Edelmiro"
-Corenta anos pra decir esto . . . toma.



quarta-feira, 8 de maio de 2013

Canto de Berce


A miña nena pequena
heina de levar á feira
por un pano de rosquillas
heina dar a quen a queira.

A miña nena pequena
pequena do corazón
heina de levar á feira
vendela nun patacón.

arrorró arrorró 
meu amor
arrorró.

domingo, 3 de março de 2013

Rosiñas

 LLanes
 Covadonga
 Ravella
 A Coca
 Armenteira
Raigame

Rosiñas pros avós.

Lerias de cativos

Levaban toda a semana a argallar algunha trasnada pra noite do san Xoán, e cando o vello os oiu díxolles - Non fagades tantos plans, que non ides ter tempo; e logo de san Xoán ven san Pedro.O certo é que levaban todo o ano agardando pola noite das meigas. Traballaran a reo limpando os arrós e as estremas das leiras pra xuntar o fento, herba seca, toxo e silvas abondas pra fogueira, ata trouxeran os canos das coles da horta da carballa pra queimar. Foran pedindo polas portas e case a pouco máis non teñen nin prás sardiñas. O viño poñíano as francesas e a broa os da casa do pazo. Entre lusco e fusco comezaron os rapaces a vesti-los monicreques do castelo, puxeranlles de nome Angelito e Argentina (trasnadas de cativos sen malicia) que eran dous vellos do lugar; puxéronos no alto do castelo e sentaron ó pé.Namentres os rapaces ían facendo os monicreques un vello da aldea prendeu unhas hachas pra face-la brasa de asa-las sardiñas. Cando as puxeron na grella o cheiro encheu o ar e foi chamando polos poucos veciños que quedaban nas casas. Naquela aldea había un gaiteiro que aprendera a tocar cando cativo na montañae o son da gaita ecoaba nas casas da aldea e parecía que houbese un cento de gaiteiros a troulear. Os veciños cantaban e rían mentras daban boa conta das sardiñas o viño e a broa. Á medianoite acendeuse un facho nas brasas de asar e prendeuse a fogueira, ó son da gaita oíase o conxuro da queimada. Deron entón os mozos boa conta da queimada e foron animandose ata que todos remataron pondose a bailar e aturuxar. As lapas fixeronse co castelo de herba seca e cando xa non era máis cas brasas da grella deron os rapaces en saltar porriba e máis de un houbo senta-lo cu nas muxicas. Máis cando os cativos cansaron de enredar sentaron nun curruncho e pouco e pouco quedaron todos durmidiños ó calor da fogueira. Xa non tiñan folgos pras cancelas do san Xoán ... ... ... pero ainda lles quedaba o san Pedro.