quarta-feira, 4 de maio de 2011
segunda-feira, 15 de fevereiro de 2010
Eire
Galega de nacemento anque o meu nome diga Irlanda, pequerrecha anque non queira, 3.5*3.3 e curiosa por demáis. Así son eu.
Eu
Case batelo de batejite e delete, e delete e batelo.
Quen me dera ser un trasno, perquerrecho, case invisible, e sobor de todo listo coma un allo, agudo e áxil. Quen pudise, andar polo monte mudándolle a cor ás árbores, abrindo as flores, remexendo nas follas do outono. Anque non os vexamos, eles van sempre canda nós, sempre; dando igual que sexa verán ou inverno, día ou noite. Creo que no canto de ter un anxo da garda, o que garda de min é un trasno ou trasna, que sempre ten gana de enrredar.
Anque por min pasen os anos, polo meu trasno non, e ós meus vintenove, o meu trasgo segue a ter dous ou tres aniños, gusta do entroido, do recendo das flores, dos doces do inverno e ata do soliño do verán; quizais por iso unha parte de min non medre nunca e siga sendo unha meniña; feliz só co recendo das mimosas ou co cantar da auga do río.
Deica .
terça-feira, 24 de novembro de 2009
Malo será ...
Iso digo eu, ¡Malo será!Veña ho, que non a ser morte de home, que non hai mal que por ben non veña, e nunca choveu que non escampase. Xa sei que máis vale paxaro en man ca cento voando, pero como a avaricia rompe o saco e se a envexa fora tiña moitos tiñosos había, non podo deixar pra mañá o que poida facer hoxe. Ben certo é que a quen madruga deus o axuda, pero como máis sabe o demo por vello ca por demo . . . o gato escaldado ata á auga fría lle ten medo, e non querendo bota-lo carro diante dos bois non penso dar puntada sen fío.
A pena é o "ahí te-lo que vales e mai-lo moito que che quero", pero que non pense o ladrón que todos son da súa condición porque anque non creo en deus, algo hai aló enrriba e teño seguro que sexa o que sexa apreta pero non afoga, e non podo facer dunha area un monte; un só gran non fai palleiro pero axuda ó compañeiro.
Auga parada non move muiño e anque moito e ben non o fai ninguén . . .
Pica canteiriño pica, pica na pedra miúda, pica na muller allea que alguén picará na túa.
DIXEN
Assinar:
Postagens (Atom)
